Sunday 12 de May de 2024

A Xunta executará obras de mellora do firme en cinco estradas da Comarca da Coruña mediante o investimento de 1,2 millóns de euros


O Goberno galego vén de licitar un contrato de reforzos de firme localizados nas estradas AC-213, AC-400, AC-523, AC-542 e AC-552, ao seu paso polos Concellos de Culleredo, Cambre, Betanzos e Arteixo

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), executará obras de mellora do firme en cinco estradas da comarca da Coruña mediante o investimento de 1,2 millóns de euros.

O Goberno galego vén de licitar un contrato de reforzos de firme localizados nas estradas AC-213, AC-400, AC-523, AC-542 e AC-552, ao seu paso polos Concellos de Culleredo, Cambre, Betanzos e Arteixo.

Cómpre lembrar que as empresas interesadas na presentación de ofertas para a realización destes traballos, cuxo prazo de execución é de seis meses, remata o vindeiro 2 de maio.

Na estrada AC-400, actuarase no treito comprendido entre os Pq. 0 e 7, nas travesías de Sigrás, en Cambre; no Casal, Celas de Peiro e Peiro de Arriba en Culleredo. Ademais, executaranse reparacións localizadas do firme nos puntos deteriorados dos tramos entre os Pq.12+260 e 13+260 e 13+650 e 16+700, nos Concellos da Laracha e Cerceda; e entre os 26+500 e 27+500 e 27+800 e 28+400, no Concello de Cerceda.

Na estrada AC-523 levarase a cabo a rehabilitación do firme mediante fresado e reposición da rodadura en toda a sección entre os Pq. 0 e 0+900, e tamén nas aproximacións á miniglorieta existente no Pq. 1+380, no Concello de Culleredo.

Este paquete tamén inclúe actuacións de mellora na AC-542, entre entre os Pq. 0 e 1+500, na travesía da Infesta, no Concello de Betanzos; e na AC-552, entre os Pq.17+700 e 19+600, nos Concellos da Laracha e Arteixo.

Este tipo de obras están enmarcadas no Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 700 quilómetros de estradas de titularidade autonómica.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.